https://lmmartinslaravel.imosver.com/en/libros-texto/sociais-4oeso-00104818150010481815Sociais 4º.eso36.96Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso, por mothttps://static.imosver.com/imagenes_small/9788499/978849995033.jpgLibros textoLibros texto/LIBRO DE TEXTOSin stock temporalmenteBAIA000https://static.imosver.com/imagenes_small/9788499/978849995033.jpgNOB001523338.9151.952012/05/059788499950334Alfeiran Rodríguez, JoséLibros Textoaño_2012idioma_GalicianGautor_Alfeiran Rodríguez, Josésaga_4º.ESO
Artículo
Sociais 4º.eso
Alfeiran Rodríguez José
BAIA
LIBRO DE TEXTO
Cookie Notice
We use cookies to ensure you get the best experience on our website.
Read cookie policy.
Manage cookie preferences
This type of cookie allows the user to browse a website, platform, or application and to use the different options or services that exist on it.
imosverlaravel_session
Description
This cookie is necessary for the website to function and cannot be disabled in our systems.
Duration
Session
Dependencies
Domain
imosver.com
OCT8NE
Description
This cookie is used for the proper functioning of the Oct8ne Chat to provide customer support service to the user.
These are those that enable the tracking and analysis of user behavior on our website. The information collected is used to measure user activity on the website and to create user browsing profiles.
_clsk
Description
It records statistical data about the visitor's behavior on the website. This is used for internal analysis by the website operator.
Duration
1 year
Dependencies
_clsk,MUID,_clck
Domain
logglytrackingsession
Description
Identifies and records the user session for analytical purposes.
Duration
Session
Dependencies
Domain
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Description
Records a unique identifier that is used to generate statistical data about how the visitor uses the website.
Duration
1 year
Dependencies
Domain
.imosver.com
These are the ones that allow us to adapt the navigation on our website to your preferences (e.g., language, browser used, etc.).
_fbp
Description
Used by Facebook to offer a series of advertising products, such as real-time bids from third-party advertisers.
Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso, por motivos administrativos alleos a nós e á marxe da dinámica habitual, os referidos a 4º curso da ESO, de forma que coincidan coa aplicación da gratuidade e posibilitar así o máximo aproveitamento do material. Os autores, Xosé Alfeirán Rodríguez e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia. A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática. As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras. O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación. O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos. Ao final de cada unidade incorpóranse tres dobres páxinas que pretenden axudar a reforzar as competencias básicas que se traballaron ao longo da unidade. Estas preséntanse na forma de: Monografías, nas que se investiga e produndiza sobre un tema relacionado coas unidades, normalmente referido a algunha especifidade galega e/ou á realidade das mulleres. Lecturas complementarias, para completar e reflexionar sobre aspectos relacionados coa unidade. Lembra e aplica, con actividades e recomendacións para aplicar, ler, ver e investigar na busca de información. Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación. Ademais, os autores propoñen un conxunto de materiais, organizado coa mesma secuencia temporal e temática que o libro do alumnado, con catro obxectivos: dispor de recursos para abordar un tratamento diversificado; contar con información complementaria relacionada coa temática xeral da unidade de moi diferente entidade, desde conceptos novos como de carácter máis trivial ou de simple curiosidade; propor actividades lúdicas nas que se reforzan contidos; e, por último, contar con modelos de avaliación para cada unidade coa súa correspondente solución. O libro de texto acompáñase do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual.