A CONTRADICIóN PERMANENTE
VV.AA.
Galician
Galician

Synopsis A CONTRADICIóN PERMANENTE

Hai anos en que todo se acelera. Xornadas que valen por décadas anódinas. Momentos en que rompe a continuidade da historia e abre paso a novas experiencias, a contradicións antes non exploradas. Entre 2012 e 2017 a esquerda e o nacionalismo galego viviron un destes períodos excepcionais. Como tradución na instancia política da brutal crise económica, as rupturas e recomposicións marcaron o campo progresista: das escisións no BNG e a irrupción de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ás mareas municipalistas e a terceira lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Ao tempo, os novos continxentes de militantes e activistas comprobaron os límites das institucións, as propias insuficiencias ideolóxicas e a reacción do bloque dominante ao que, por veces, este percibiu como ameaza.

Martiño Noriega, médico e actual alcalde de Santiago á fronte de Compostela Aberta, e mais o xornalista Daniel Salgado conversan en " A contradición permanente " sobre cinco anos de convulsións, tentativas de unidade, desencontros e avances. Trátase dunha memoria incómoda pero implicada, que procura ser útil, arredor destes tempos interesantes.
EAN
9788491212850
Publisher
Year of edition
2017
pages
264
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
CRóNICA
High
220
Width
145
20,95 €
-5%
19,90 €
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters