A TERRA DE ANNA
Gaarder, Jostein
Galician

Synopsis A TERRA DE ANNA

O día do seu cumpreanos, Anna recibe como agasallo
un vello anel cun rubí. A partir de aí -como a Casandra
do mito grego- a rapaza comeza a ter soños premonitorios.
Unha noite é transportada desde a súa idílica cabana na montaña norueguesa ata o mundo desolado e agonizante no que vive
a súa bisneta Nova, en 2082: o mar incrementara moitos metros
o seu nivel e o planeta perdera a maior parte da súa riqueza,
o deserto avanzara por todos os continentes, destruíranse numerosos ecosistemas e miles de especies de plantas e animais extinguíranse ou estaban en vías de desaparición. Ao espertar dese pesadelo, Anna e o seu amigo Jonas, xunto co doutor Benjamin, tentarán advertir a humanidade do perigo para evitar
a catástrofe natural: o abuso do petróleo, a emisión descontrolada de CO2 á atmosfera, a deforestación das superficies arboradas... son moitas as ameazas reais e pouco o tempo para invertir
a tendencia destrutiva que aboque a un escenario tan apocalíptico. O antigo anel que lle entregaran polo seu aniversario resultará ter máis importancia do que parecía.
EAN
9788416721146
Year of edition
2017
pages
160
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
SIN COLECCION
High
205
Width
138
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters