O simbolo perdido
Dan Brown
Galician

Synopsis O simbolo perdido

O símbolo perdido comeza na capital dos Estados Unidos, Washington DC. Robert Langdon, profesor de simboloxía da Universidade de Harvard, chega á capital para impartir unha conferencia no edificio do Capitolio. Pouco despois de chegar, aparece no centro da Rotonda un obxecto desconcertante cifrado con cinco símbolos. Nesta enigmática inscrición Langdon recoñece axiña unha invitación atávica, unha chamada misteriosa que procede dun mundo esotérico e remoto.Este descubrimento coincide co secuestro do principal mentor de Robert Langdon, Peter Solomon, filántropo e membro da masonería. Langdon comprende que ambos os feitos están relacionados e non ten máis remedio que aceptar o reto deste estraño misterio.Langdon atópase de súpeto envolto nunha aventura que o obriga a descubrir o reverso da cidade e seguir os fíos que percorren as cámaras secretas, os túneles e os templos en que se agocha o poder máis arcano. Todo o que ata o momento lle parecera familiar convértese da noite á mañá nun mundo clandestino e escuro en que todo permaneceu coidadosamente oculto nun pasado de segredos masónicos e revelacións nunca vistas que parecen conducir a unha verdade inquietante e terrible.
EAN
9788476698907
Year of edition
2009
pages
672
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
SIN COLECCION
High
300
Width
200
21,90 €
-5%
20,81 €
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters