O violín de Rembrandt
Llorca Freire, Jorge
Galician
Galician

Synopsis O violín de Rembrandt

Un cadro e un violín porán a proba os principios dun profesor de historia da arte que traballa nos cursos de nocturno do Colexio Academia Atenea, onde don Atilano e Margaret Thatcher, marcan a liña pedagóxica. Mais tamén Violeta, filla dun embaixador arxentino, que avisa a tres días vista cando vai levar un amante ao piso «para gardar o protocolo diplomático»; Vladimir Ilich, Bladimiro Regueira, que marchará á capital do reino para triunfar na farándula; Antón Coira, que cambiou as prácticas de sindicalista, polas de tratante de arte; Alicia, que prepara oposicións para todo; Gertrud, a avogada de Düsseldorf, capaz de dicir «ducha ou jacuzzi?», como quen di té ou café, e coa mesma quitar a roupa e meterse na bañeira; Teresa Moure, daltónica, pero con vista para levar unha galería de arte; Armando Onega, un dos homes máis ricos do planeta. E logo están don Leoncio, o cura especialista en Bach; Indalecio, o camareiro do Delicias, que pensa que a climatoloxía a ten tomada con el; Marián, que confía no materialismo esotérico...
A xuízo do xurado do Premio Blanco Amor, O violín de Rembrandt é unha novela de lectura fluída, na que «prima o humor cun ton áxil, fresco e irreverente que reflicte ambientes sociais de pequenas cidades, nas que o contraste entre o global e o local vese neutralizado con personaxes cotiáns».
EAN
9788499147437
Publisher
Year of edition
2014
pages
200
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection no.
361
Collection
NARRATIVA
High
220
Width
145
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters