Pandrama
Becerra de Becerrea, Afonso
Galician

Synopsis Pandrama

Máis ca nunca, ou nin máis nin menos ca nunca, estamos na era do pandrama. O pandrama é totalizador. O prefixo pan e o substantivo drama, xunguidos no pandrama, apelan non só ao drama global, igual que a pandemia se refire a unha epidemia global. O pandrama revélanos que todos os mundos entran nel, do mesmo xeito que todos os dramas entran no mundo. O pandrama, así mesmo, vai máis aló do que entendemos por drama clásico, por tanto, inclúe o posdrama. A suma do drama e o posdrama é o pandrama. Porque a palabra en acción non só representa ou imita o mundo, como acontece na forma dramática a través do diálogo dos personaxes nunha situación de conflito. A palabra en acción é performativa e, en consecuencia, tamén pode crear ou xerar mundos reais. A ficción fica na cabeza de cadaquén. Todas as palabras e silencios que se ofrecen neste libro son acción, son xogo. Para iso necesítante, necesítannos, para poñelas en acción. E, ao activalas, crear o mundo de novo, como crianzas, como deuses.
EAN
9788484875789
Year of edition
2022
pages
88
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection no.
413
Collection
Teatro
High
240
Width
140
Other readers have rated it
Share your feedback
0 reviews
Your rating
Leave us your review
/ characters