As máscaras de Cronos
Caride, Ramón
Galicien
Galicien

Synopsis As máscaras de Cronos

As máscaras de Cronos reúne a poesía de Ramón Caride entre 1994 e 2005. Un volume que inclúe os libros éditos Cerne das labaredas (1994), Flor no deserto (1995), e Xeografías do sal (1999) e os libros inéditos Diacrónica (2002), Addenda (2002-2005), ademais dun epílogo do brasileiro A. Soares de Moura. Para Xosé Lois García, prologuista do libro, "estamos diante de cinco rexistro moi ben parcelados que nos dan a dimensión dunha poesía innovadora e do seu autor, quen con anterioridade a este poemarios, xa producira outros tres na década dos oitenta. Estamos, por tanto, ante un poeta que polo seu peso creativo xa ten trascendido, apostando por unha solvente e prestixiosa obra poética, onde mostra unha gran diversidade de rexistros que avalan todas as percepcións que nela se manifestan". As mascaras de Cronos alerta sobre a importancia da obra dun poeta que para o crítico Vicente Araguas constitúe "unha rosa, digámolo, tan exiquisita como irregular, con vocación lírica e épica, compatible cunha dedicación narrativa que ten acadado importantes metas e galardóns". Unha poesía definida por Manuel María como "aberta á vida e ao mundo, nunha visión totalizadora e non monográfica. Coido que a poesía de Caride é semellante ao orballo que, ao caer manseliñamente sobre nós, dá a impresión de que non molla pero, cando nos decatamos, estamos humedecidos deica os ósos".
EAN
9788497825146
Éditorial
Année d'édition
2006
pages
304
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
Collection
SIN COLECCION
Haute
130
Largeur
210
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caracteres