O debut de Martino Porconi
Neira Cruz, Xosé Antonio
Galicien

Synopsis O debut de Martino Porconi

Literatura e música danse a man neste musiconto (libro+CD) ilustrado por Federico Fernández, de tal xeito que o lector-oínte gozará dunha experiencia estética a varios niveis: o pracer dun conto ben escrito, o pracer dun conto ben narrado, e o pracer da música, que actúa coma un soporte perfecto para toda a historia. Xosé A. Neira Cruz e o director da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, traballaron man con man para seleccionar aquelas partes das músicas de Shostakovich e Britten que servirían para ambientar o conto nesta nova versión, un chisco irreverente, pero que nos permite volver a ler a historia clásica con ollos novos. Neste musiconto, retomamos a historia dos tres porquiños pero desde unha actitude nova: o lobo é un tenor de grande talento, e o porquiño máis pequecho ten o corazón entregado ao bel canto. Xosé A. Neira Cruz ofrécenos unha chiscadela literaria que, bebendo na fonte do conto tradicional, lévao cara territorios novos e moito máis divertidos. Seleccionado polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009 Editorial Galaxia publica O debut de Martino Porconi, recreación do conto tradicional de Os tres porquiños a cargo de Xosé A. Neira Cruz. Xunto con O prodixio dos zapatos de cristal a editorial inicia unha nova colección, Arbore Musicontos, nun ambicioso proxecto nacido da colaboración coa Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical (Shostakovich e Britten) e da voz do actor de dobraxe Francisco M. Barreiro.
EAN
9788498651393
Éditeur
Année d'édition
2008
pages
44
Obligatoire
Couverture rigide
langage
Galicien
Collection
ARBORE MUSICONTOS (LIBRO+CD)
Haute
220
Largeur
295
27,40 €
-5%
26,03 €
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères