Teatro infantil. Do texto á representación
Red Temática de Investigación " LIJMI "
Galicien

Synopsis Teatro infantil. Do texto á representación

Os membros da "Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico" (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume, coordinado por Blanca-Ana Roi Rechou, Isabel Soto López e Pedro Lucas Domínguez, un conxunto de estudos, destinados fundamentalmente aos mediadores, que pretenden afondar no tema do teatro e da súa representación, dous elementos que se necesitan mutuamente e que posúen funcións, significados e características de seu. Tras dúas achegas teóricas arredor do xénero dramático e o teatro infantil e o concepto de representación, abórdanse enfoques panorámicos centrados na historia do xénero nas literaturas castelá, catalá, galega, portuguesa e vasca. O volume inclúe ademais unha selección de sesenta e unha obras da literatura dramática, realizada co obxectivo de dar a coñecer autores e autoras que destacaron pola súa traxectoria e a calidade das súas obras e por seren representantes das grandes correntes do teatro infantil do século XX. Sete destas obras son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores algunhas claves de aproximación a estes textos para o seu uso na educación literaria.
EAN
9788497826167
Éditeur
Année d'édition
2007
pages
296
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
Collection
TEATRO
Haute
238
Largeur
170
D'autres lecteurs l'ont noté
Laisse-nous ton avis
0 avis
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caractères