https://lmmartinslaravel.imosver.com/gl/libros-texto/sociais-4oeso-00104818150010481815Sociais 4º.eso36.96Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso, por mothttps://static.imosver.com/imagenes_small/9788499/978849995033.jpgLibros textoLibros texto/LIBRO DE TEXTOSin stock temporalmenteBAIA000https://static.imosver.com/imagenes_small/9788499/978849995033.jpgNOB001523338.9151.952012/05/059788499950334Alfeiran Rodríguez, JoséLibros Textoaño_2012idioma_GalegoGautor_Alfeiran Rodríguez, Josésaga_4º.ESO
Este tipo de cookies permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nelas existan.
imosverlaravel_session
Descrición
Esta cookie é necesaria para que o sitio web funcione e non se pode desactivar nos nosos sistemas.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descrición
Esta cookie utilízase para o correcto funcionamento do Chat de Oct8ne para prestar o servizo de atención ao cliente ao usuario.
Son aquelas que posibilitan o seguimento e análise do comportamento dos usuarios na nosa páxina. A información recollida utilízase para a medida da actividade dos usuarios na web e a elaboración de perfís de navegación dos usuarios.
_clsk
Descrición
Rexistra datos estatísticos do comportamento do visitante na web. Isto utilízase para análises internas por parte do operador da web.
Duración
1 ano
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descrición
Identifica e rexistra a sesión do usuario con fins analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descrición
Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos sobre como utiliza o visitante o sitio web.
Duración
1 ano
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquelas que nos permiten adaptar a navegación na nosa páxina web ás súas preferencias (por exemplo, idioma, navegador utilizado, etc.).
_fbp
Descrición
Utilizado por Facebook para ofrecer unha serie de produtos publicitarios, como ofertas en tempo real de terceiros anunciantes.
Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso, por motivos administrativos alleos a nós e á marxe da dinámica habitual, os referidos a 4º curso da ESO, de forma que coincidan coa aplicación da gratuidade e posibilitar así o máximo aproveitamento do material. Os autores, Xosé Alfeirán Rodríguez e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia. A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática. As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras. O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación. O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos. Ao final de cada unidade incorpóranse tres dobres páxinas que pretenden axudar a reforzar as competencias básicas que se traballaron ao longo da unidade. Estas preséntanse na forma de: Monografías, nas que se investiga e produndiza sobre un tema relacionado coas unidades, normalmente referido a algunha especifidade galega e/ou á realidade das mulleres. Lecturas complementarias, para completar e reflexionar sobre aspectos relacionados coa unidade. Lembra e aplica, con actividades e recomendacións para aplicar, ler, ver e investigar na busca de información. Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación. Ademais, os autores propoñen un conxunto de materiais, organizado coa mesma secuencia temporal e temática que o libro do alumnado, con catro obxectivos: dispor de recursos para abordar un tratamento diversificado; contar con información complementaria relacionada coa temática xeral da unidade de moi diferente entidade, desde conceptos novos como de carácter máis trivial ou de simple curiosidade; propor actividades lúdicas nas que se reforzan contidos; e, por último, contar con modelos de avaliación para cada unidade coa súa correspondente solución. O libro de texto acompáñase do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual.