A HORA DE ESPERTARMOS XUNTOS
Uribe, Kirmen
Galego
Galego

Sinopse A HORA DE ESPERTARMOS XUNTOS

A Karmele Urresti a Guerra Civil sorpréndea na súa Ondarroa natal. Mentres a poboación foxe ao exilio, ela decide quedar curando os feridos e tratando de liberar o seu pai, que foi encarcerado. Ao remate da guerra debe abandonar a súa terra e partir cara a Francia, onde pasa a formar parte da embaixada cultural vasca. Alí coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi. Xuntos percorren media Europa até que, a piques de caer París en mans dos alemáns, foxen a Venezuela. Xaora, a Historia irrompe de novo na súa vida. Cando Txomin decide sumarse aos servizos secretos vascos, a familia regresa en plena Segunda Guerra Mundial a Europa, onde el realiza labores de espionaxe contra os nazis até que é apresado en Barcelona, baixo unha ditadura á que non sobrevivirá. Karmele terá que arriscar a súa vida e partir, soa desta volta, coa esperanza cega de quen deixa atrás o máis prezado.
" A hora de espertarmos xuntos " é a gran novela sobre a historia vasca, española e europea desde o século XX até os nosos días.
EAN
9788491212379
Editorial
Ano de edición
2017
Páxinas
360
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
411
Colección
NARRATIVA
Alto
220
Ancho
140
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres