C
McCarthy, Tom
Galego

Sinopse C

A novela comeza na Inglaterra de principios do século XX e conta a historia dun rapaz chamado Serge Carrefax cuxo pai ensina a falar nenos xordos e, como pasatempo, experimenta coa comunicación telegráfica. Serge medra a carón da súa intelixente e misteriosa irmá Sophie, entre as vibracións dos cables e as palabras pronunciadas a medias polos alumnos de seu pai. Despois dunha estadía nun balneario centroeuropeo, Serge intervén na Primeira Guerra Mundial como observador aéreo. Cando o seu aeroplano é derrubado, é feito prisioneiro polos alemáns ata que, coincidindo co remate da guerra, logra fuxir. De volta a Londres, recrútano para unha escura misión en Exipto, onde chega a descender ás profundidades das tumbas dos faraóns. O texto de C forma un código no que cada parte é un sinal, a peza dunha narración tan rica en correspondencias coma un mundo cuxa interpretación non ten fin. A novela de McCarthy é unha das revelacións da narrativa contemporánea escrita en inglés.A novela de título máis enigmático publicada en Europa nos últimos anos, finalista do Premio Man Booker en 2010, o máis prestixioso dos outorgados en Gran Bretaña a un libro de ficción
EAN
9788498653830
Editorial
Ano de edición
2011
Páxinas
432
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
BIBLIOTECA COMPOSTELA
Alto
210
Ancho
135
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres