Donas de nós
Rodríguez Rodríguez, Ánxela
Galego

Sinopse Donas de nós

Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022 O xurado valorou na obra: A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visitan e actualizan temas importantes do noso tempo e de todo tempo dando unha ollada claramente identificada e feminista. Tamén si, coa súa decisión [Ánxela Gracián] quixo apostar pola escrita teatral como xénero idóneo para achegar os valores da creación literaria e como vehículo para convidar á mocidade a coñecer e recoñecer o mundo que nos rodea, as súas problemáticas e os seus retos e os camiños aínda por andar, así como unha ferramenta para o desenvolvemento persoal. *** A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por azar, cruza cun Príncipe que, seducido pola súa beleza, valentía e naturalidade, lle pide matrimonio, negándose a casar con Mademoiselle Xuxú, unha rica princesa provenzal que resulta moi conveniente para todos. Mais a maxia da manteiga da cacha da meiga Morgana muda os destinos, facendo que Mendiña teña a oportunidade de decidir por si mesma se quere vivir acatando as condicións de submisión que o convencional príncipe lle impón ou continuar o seu oficio de poeta e levar a poesía polo mundo. Coa axuda da fada, a xograresa tomará a decisión máis sabia.
EAN
9788499954066
Editorial
Ano de edición
2022
Páxinas
92
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
38
Colección
Meiga Moira
Alto
190
Ancho
130
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres