OS ESTADOS E IMOPERIOS DA LÚA
De Bergerac, Cyrano
Galego

Sinopse OS ESTADOS E IMOPERIOS DA LÚA

Os Estados e Imperios da Lúa é considerada como a primeira obra do xénero literario de ciencia ficción, xunto con Os Estados e Imperios do Sol, do mesmo autor. Nesta obra relátanse varias formas de chegar á Lúa, habitada por seres humanos de doce pés que andan a catro patas e miran cara abaixo. Ao ver a Cyrano, narrador e protagonista, os selenitas confúdeno cunha avestruz. A obra está inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das cales Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. A obra permaneceu censurada pola Igrexa durante dous séculos. Non coñecemos a data exacta de composición de Os Estados e Imperios da Lúa. Parece que en vida de Cyrano xa tiña circulado antes de 1650 unha versión manuscrita, mais os textos orixinais desapareceron e non foi senón postumamente, en 1657, cando se publica a primeira edición, censurada e retocada, que será a que impere durante séculos. O mesmo aconteceu con Os Estados e Imperios do Sol, que o autor deixou sen rematar e que foi publicada por primeira vez en 1662. A localización de varios manuscritos de Os Estados e Imperios da Lúa a partir do século XIX posibilitou que se avanzase grandemente na restitución do texto do autor.
EAN
9788417388324
Ano de edición
2019
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
30
Colección
VETERA
Alto
220
Ancho
145
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres