Sociais 2º.eso
Brea Pedreira, Ana
Galego

Sinopse Sociais 2º.eso

Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso o referido a 2º curso da ESO. As autoras, Ana Brea Pedreira e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia. A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática. As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras. O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación. O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos. Ao final da unidade vai un apartado titulado Reforza as competencias básicas: Analizamos... (estudo monográfico dun aspecto destacado da Unidade), Traballamos con... (exemplificación de técnicas de traballo relacionadas con contidos da Unidade) e Lembra e aplica (autoavaliación que facilite ao alumnado a concreción dos coñecementos adquiridos). Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.
EAN
9788499950327
Editora
Ano de edição
2012
Páginas
270
Idioma
Galego
Coleção
2º.ESO
Altura
300
Largura
200
38,91 €
-5%
36,96 €
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres