Alusión
Casas, Arturo
Galego

Sinopse Alusión

O seu propósito declarado foi contribuír a instaurar unha crítica da destrución política a través da análise dos discursos hexemónicos e das camuflaxes do poder, con atención particular ao acontecido en Galicia. Os textos incluídos no blog e agora publicados neste libro abranguen tamén campos como o social e o cultural a través dunha dinámica pluralidade de rexistros, entre os cales o humorístico, o autoficcional e o satírico non foron os menos desenvolvidos. Durante os meses que permaneceu activo Lándoas, o blog alcanzou algo máis que unha moderada notoriedade, ás veces con varios centos de visitas diarias. Tivo ademais algunha influencia no debate público, como podería demostrar o contexo con algúns columnistas e artigos de opinión. As lándoas son as marxes que marcan os límites dunha leira. A palabra designa por tanto o perímetro inculto, o que non se ara. Outra acepción é a de fenda no tronco de sobreiras, castiñeiros... Parábolas, pois, e crónica nas marxes de texto, nas lándoas dos discursos públicos. O escrito nas 355 anotacións redactadas no blog, sen contar agora os comentarios empatados, acomodouse pois en 'Alusión' a cinco epígrafes ordenados internamente con criterio cronolóxico inverso ao propio do blog: "O mundo da vida", "Estética e dinámica", "Historias" (ou a historia elevada á pluralidade), "Homo ludens" e "Sistémica mente".Este libro escolma unha sexta parte das anotacións do blog Lándoas, que o escritor e crítico literario Arturo Casas mantivo activo durante o curso 2008-2009 con amplo recoñecemento lector entre os internautas
EAN
9788498653762
Editora
Ano de edição
2011
Páginas
160
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
ILLA NOVA
Altura
220
Largura
120
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres