Obra dramática completa
Kane, Sarah
Galego

Sinopse Obra dramática completa

A mediados da década de 1990, a piques de finalizar o século XX, abrollan na escena inglesa unha manchea de textos que provocaron reaccións ben similares ás que se produciran a finais da década de 1950 coa irrupción dos mozos irados. Desta volta son as mulleres, entre elas Sarah Kane, que chegará a ser unha das autoras máis interesantes do panorama teatral en Europa. A edición da Obra dramática completa de Sarah Kane que agora presentamos inclúe cinco textos dramáticos (Derruba, Amor de Fedra, Límpidos, Degoiro, 4.48 Psicose) e un guión (Pel). Trátase de pezas herdeiras, en moitos aspectos, do teatro da crueldade do escritor e actor francés Antonin Artaud, pezas nas que o corpo adquire protagonismo e o texto é un reflexo ou un medio no que a materia carnal se expresa. O ser humano non só como linguaxe e pensamento, tamén como corpo que excede os límites da representación. Malia a tráxica desaparición da autora en 1999, a súa obra segue e a ter unha fonda vixencia e actualidade por mor deses mundos dominados pola dor que tan ben soubo reflectir e que nos falan dun forte compromiso coa vida. En colaboración coa Escola de Arte Dramática de Galicia e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial Galaxia tira do prelo un novo título da colección Biblioteca ESAD dedicada a textos teatrais traducidos para o galego. Trátase da Obra dramática completa de Sarah Kane, unha das grandes innovadoras do teatro inglés do derradeiro cuartel do século XX. O libro leva un interesante e documentado limiar de Manuel F. Vieites, que tamén se fixo cargo da tradución.
EAN
9788498651935
Editora
Ano de edição
2009
Páginas
494
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
ESADGALICIA
Altura
210
Largura
135
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres