PARECE UNHA FORMIGA
Otero, Pablo
Galego

Sinopse PARECE UNHA FORMIGA

Parece unha formiga, pero é unha mancha,
é unha mancha, pero parecen pegadas,
parecen pegadas, pero son restos dunha festa,
son restos dunha festa, pero parecen os meus lunares,
parecen os meus lunares, pero é un 8 esmagado?
Poético, enigmático, reflexivo, ás veces transcendental?
?Parece unha formiga? é un conxunto de textos ilustrados,
ou de ilustracións que deviron en ideas, palabras, frases encadeadas que medran en intensidade e riqueza a cada páxina. Nesta nova obra como escritor e artista, Pablo Otero recréase
en verbalizar pensamentos, airear os recunchos esquecidos
do subconsciente, sen reparo -dende a liberdade e o desafío-
a chamar cousas ás cousas. O autor e ti na confianza dunha mesa compartida nun café ou na cercanía dun paseo a carón do río,
que é tanto como dicir na intimidade do papel. Porque este libro quere ir contigo, na túa carteira ou no teu peto, respirar o aire
que respiras, ir ao ritmo dos teus pasos, mimetizarse coa túa pel.
EAN
9788416721450
Ano de edição
2019
Páginas
48
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
RIZOMAS
Altura
235
Largura
150
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres