Diálogos de mortos. Diálogos mariños
de Samosata, Luciano
Gallec

Sinopsi Diálogos de mortos. Diálogos mariños

Os 'Diálogos de mortos' trasládannos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí todos poden constatar a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos, pois no mundo do máis alá as diferenzas que marca a fortuna, a posición social, ou as calidades persoais desaparecen e tan só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia da inutilidade dos traballos pasados en vida. Pero os máis dos humanos non son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemas vitais na existencia post mortem. Cando as divindades infernais os instrúen nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento de perplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos, outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha nova realidade igualadora sen ningunha das prebendas anteriores.
Nos 'Diálogos mariños' os interlocutores son divindades vencelladas coas augas, ninfas, ríos, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de maneira cómica. Céntranse case todos nas súas aventuras amorosas, destacando os aspectos máis ridículos, pero en ton amable e lixeiro, sen crítica, simplemente como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que só pretende arrincar un sorriso.
EAN
9788492866847
Any d'edició
2017
Pàgines
152
Enquadernació
Tapa tova o butxaca
Idioma
Gallec
Núm. col·lecció
13
Col·lecció
VÈTERA
Alt
220
Ample
145
Altres lectors l'han valorat amb
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
La teva puntuació
Deixa'ns la teva opinió
/ caràcters